|
O turismo náutico ten un gran potencial de desenvolvemento en Galicia dadas as boas condicións xeográficas que esta Comunidade presenta para a súa práctica. Así mesmo, esta modalidade turística permite a diversificación e cualificación da oferta recreativa rexional, estando íntimamente ligado ao turismo de calidade e, por conseguinte, importante fonte de riqueza. Ademáis, dado que o turismo náutico pode ser practicado en calquera época do ano, xoga un notable papel na desestacionalización da oferta turística galega, co que permite a dinamización de certas áreas en retroceso económico tradicionalmente vinculadas co mar.
|